CURSO DE TÉCNICA VOCAL
APLICADA AO CANTO TRADICIONAL
(Teórico e Práctico)
Xela Conde Fernández
Destinatarios
Todas
aquelas persoas que empreguen a súa voz para o canto e queiran mellorar,
correxir ou conseguir máis recursos para a fonación.
Xustificación:
A
voz é o instrumento máis difícil de todos, inda que só sexa porque non o
podemos ver e iso dificulta o seu aprendizaxe e a súa corrección. Por outra
banda, é o máis empregado porque tod@s o temos e polo seu uso popular.
Apórtanos momentos de lecer e é unha representación da nosa personalidade,
carisma e forma de comunicarnos. Pero non por empregalo de maneira habitual
significa que o fagamos da maneira axeitada; é posible que poidamos sacarlle
moito máis partido e posibilidades e, tamén, evitar problemas orgánicos por un
mal uso.
O
noso canto implica esforzo, boa respiración, afinación, proxección e ser
conscientes da nosa tesitura para poder cambiar a forma de emisión da voz. Polo
seu carácter, tamén precisa de expresividade, ornamentación e a utilización
diversas calidades de voz. A técnica aporta todo isto, como tamén a seguridade
de poder empregar o teu instrumento con calidade a pesar das dificultades do
día a día (problemas de saúde, falta de descanso, estrés …) E non por ter un
repertorio lonxano, a priori, da chamada “música culta” significa que necesite
menos recursos, menos traballo ou menos importancia e significación.
Obxectivos:
Aprender unha serie de recursos para
correxir determinados erros de fonación e para optimizar e mellorar a nosa
forma de cantar:
-
Acadar
dende o principio unha boa tonificación corporal, postura e respiración para
poder proceder á fonación.
-
Incorporar
ao noso entrenamento os exercicios adecuados de quencemento da voz;
vocalización …
-
Obter
coñecementos organolóxicos sobre o noso instrumento para unha boa visualización
do que ocorre mentres cantamos, tendo en conta o tipo de voz e de calidade que
empreguemos.
-
Consellos
sobre o coidado do noso aparello fonador.
-
Entender
a importancia da desinhibición e expresividade á hora de cantar.
-
Saber
aplicar os diferentes tipos e calidades de voz segundo o repertorio e tesitura.
-
Traballar
a ornamentación a partir da relaxación bucofarínxea.
-
Importacia
da respiración e o apoio para unha boa proxección e afinación. Aprender e interiorizar
exercicios para tal fin.
Contidos:
-
Tonicidade
e postura corporal.
-
A
respiración e o apoio.
-
Organoloxía.
-
Vocalización
e prequencemento. Preparándonos para cantar.
-
Proxección
e calidades de voz.
-
Técnica
e tesitura.
-
Desinhibición
e expresión.
-
Ornamentación
-
Exercicións
vocais grupais.
Materiais que deberán levar @s participantes:
-
Roupa
cómoda
-
Esterilla
ou manta.
-
Material
de escritura
Temporalización e agrupamentos.
Mínimo 8 persoas, máximo 15. Serán 6
horas; 3 de mañá e 3 de tarde (traballo grupal e individual, aproximadamente 10
minutos persoa)
Horario:
11h a 14h e de 16h a 19h
Prezos:
Socios: 30 euros
Non socios: 35 euros
Interesados anortarse no 629 585 355 / 986 253 585 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com