Páginas

miércoles, 28 de enero de 2015

III Edición do festival infantil "Por cantar e por bailar" na Escola de Idiomas (Vigo) - Organiza O Fiadeiro



Este Sábado día 31 de Xaneiro ás 18:00h estaremos na Escola de Idiomas de

Vigo coa III edición do festival infantil "POR CANTAR E POR BAILAR".
A entrada é de balde, así que vos esperamos!!!

III edición dos Festivais Infantís "Por cantar e por bailar"


Datas e lugares dos festivais:

- 31 de Xaneiro na Escola de Idiomas (Vigo) ás 18.00

- 8 de Febreiro na Asociación de veciños de Cabeiro (Redondela) ás 18.00

- 1 de Marzo no CEIP do Hío (Cangas) ás 18.00

- 8 de Marzo no CRAC de Coruxo (Vigo) ás 18.00

- 14 de Marzo no Auditorio de Cangas ás 17.30

lunes, 26 de enero de 2015

A TRADICIÓN VISTA A TRAVÉS DO FOLCLORISMO

Ligazón:

A tradición vista a través do folclorismo

Resumo:

O concepto de folclorismo ten, como é evidente, moito que ver coa idea de folclore, pero loxicamente non é o mesmo. O folclorismo pódese definir de maneira moi xeral corno aquel conxunto de actitudes que implican unha valoración socialmente positiva deste legado cultural que denominamos "folclore". En canto actitude ou conxunto de actitudes, o folclorismo componse de ideas -por exemplo o que se entende por "folclore"-, sentimentos -o amor ou a veneración cara a este folclore- e tendencias á acción, é dicir, todas aquelas accións motivadas por esta consciencia e estes sentimentos, como por exemplo levar a cabo proxectos conservacionistas ou de divulgación deste legado tradicional, programar festivais de música tradicional, etc. O folclore, como ciencia, non debería ser senón a exploración metódica e sistemática dun ámbito de coñecemento, mentres que o folclorismo é máis ben unha sensibilidade, un "feeling" social cara ó mundo das tradicións. Pero, na práctica, ambas facetas están intimamente relacionadas.

Descrición:

Relatorios do Encontro O Feito Diferencial Galego na Música, celebrado na sé do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela os dias 15-18 de decembro do 1997.