miércoles, 25 de febrero de 2015
A DANZA CLÁSICA E A FOLCLÓRICA
Ligazón:
O Ballet Rey de Viana
Ligazón:
Antonio Gades, a ética da danza
Descrición:
Académica ou clásica e popular, tradicional ou folclórica, son categorías habitualmente utilizadas para referirse á danza. En ocasións esta dicotomía aparece difuminada naquelas expresións nas que existen influencias recíprocas entre ambos mundos.
miércoles, 18 de febrero de 2015
OS MECANISMOS DO FOLCLORE (Ramón Barce. Conferencia)
Ligazón:
Os mecanismos do folclore
Contidos:
Descrición:
O compositor e crítico musical Ramón Barce impartiu na Fundación Juan March, entre o 26 de novembro e o 5 de decembro de 1991, un curso titulado «Socioloxía da música». O martes 26 falou de «O que a música di e o que non di»; o xoves 28, de «Os mecanismos del folclore»; o martes 3 de decembro, de «O espellismo da historia»; e o xoves 5, de «Política e música».
Os mecanismos do folclore
Contidos:
Un dos campos propios da Socioloxía da Música é o estudo do folclore. Non,
por suposto, a recollida, clasificación e valoración das cancións e danzas;
pero si o que se refire á esencia do feito folclórico. A pregunta básica ¿qué é
o folclore musical? non pode ser contestada desde o terreo da Musicoloxía nin
desde o da Historia da Música, senón desde o da Socioloxía.
Ante todo, ¿a qué chamamos, en xeral, “feito folclórico”? É quizais unha
desas preguntas que se eluden por parecer obvias, por conter unha resposta
evidente e de todos sabida, pero en realidade non é así. Hai quen pensa que
folclore é toda actividade cultural tradicional; para outros, é todo feito
humano, cultural ou non, arraigado na tradición.
No Congreso de Folklore de São Paulo, en 1954, o gran investigador Fernando
Ortiz, á vista da intricada problemática alí exposta, declarou: “Levo estudando
máis de medio século unha cousa que parece que non se sabe ben o que é”.
Para Saintyves, o folclore é “a vida popular dentro da vida civilizada”
(entendendo por “civilizada”, desde logo, simplemente máis industrializada e
tecnoloxizada). Evidentemente, todos os estudos folclóricos tenden a dirixirse cara
un material que de algunha maneira considérase “residual” de outra cultura
anterior e máis primitiva inserida no “noso mundo moderno”.
Paulo de Carvalho Neto intentou unha delimitación do feito folclórico que
resume ben esas tendencias clásicas. Para el, os trazos tipificadores do
folclore son: a) que se trate dun material anónimo; b) non institucionalizado
(estes dous trazos os considera específicos ou básicos); c) que sexa antigo; d)
que sexa funcional; e e) que sexa prelóxico, primario.
O máis superficial comentario a estes trazos descubre enseguida a súa
fraxilidade, a súa ambigüedade e a súa dependencia dos criterios románticos dos
irmáns Grimm e de Arnim Brentano, que a comezos do século XIX iniciaron estes
estudos coa recollida de contos e poemas populares.
O anonimato non debemos entendelo á maneira de Herder como “creación
directa do pobo”, senón como creación persoal, individual, pero que toma os
seus materiais de algo preexistente e popular e o autor termina por subsumirse –como
proceso– no anonimato.
Tamén a non institucionalización presenta problemas: é evidente que unha
parte moi importante do folclore fabrícase en entidades expresamente creadas
para tal fin, e cuxo produto non podemos rexeitar só porque se faga con outros
medios é se faga aquí e agora. Tamén neste trazo se rastrea a idea romántica e
non moi precisa dunha actividade “espontánea, libre e gratuíta”.
As condicións que chama Carvalho Neto eventuais
son igualmente cuestionables, especialmente a antigüidade. ¿Qué é,
propiamente, “o antigo”? ¿Podería taxarse, como chegaron a facer algúns
folcloristas, en cincuenta anos, é
dicir, que un feito se consideraría “folclórico” se se mantiña ao menos
cincuenta anos?
¿Qué dicir tamén do concepto “funcional”? Desde logo non cabe dúbida de que
os feitos que chamamos folclóricos (residuais) foron nun tempo non residuais,
senón absolutamente vivos e funcionais:
tiñan unha aplicación práctica eficiente.
Pero precisamente agora, ao
converterse en restos desfasados nunha civilización máis industrializada,
perden comparativamente a súa funcionalidade, pois hai outros obxectos ou
actividades máis funcionais.
Dentro do mesmo carril de razoamentos está o concepto de “prelóxico,
primario”. A idea, neste caso, é que o feito folclórico procede dunha
mentalidade infantil, non científica. Pero, propiamente, o funcional non é
nunca prelóxico, xa que cumpre correctamente o seu cometido; outra cousa é que
unha suba de nivel de análise deixe obsoletos uns sistemas e os substitúa por
outros máis eficaces, pero igualmente susceptibles de ser mellorados.
Descrición:
O compositor e crítico musical Ramón Barce impartiu na Fundación Juan March, entre o 26 de novembro e o 5 de decembro de 1991, un curso titulado «Socioloxía da música». O martes 26 falou de «O que a música di e o que non di»; o xoves 28, de «Os mecanismos del folclore»; o martes 3 de decembro, de «O espellismo da historia»; e o xoves 5, de «Política e música».
miércoles, 11 de febrero de 2015
CANCIONEIRO POPULAR GALEGO
Ligazón:
Cancioneiro Popular Galego
Descrición:
Desde hai 3 anos a Fundación Barrié comparte en liña os 7 tomos desta magnífica colección elaborada por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, unha das máis importantes existentes en canto a música galega de tradición oral.
Ligazón:
Cancioneiro Popular Galego en Ben Falado
Descrición:
Ben falado! é un microespazo de catro minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico Xesús Ferro Ruibal, e que promove e financia a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Neste caso faise alusión ao cancioneiro non só como un tesouro puramente musical senón tamén polo seu valor lingüístico.
Ligazón:
Conferencia de Dorothé Schubart e Antón Santamarina na Universidade de Vigo
Descrición:
Conferencia na que Dorothé Schubarth e Antón Santamarina lembran os cinco anos de intenso traballo de recollida e clasificación de cantigas tradicionais galegas, coplas e romances en Galicia. Un labor que se materializou no Cancioneiro Popular Galego, un sólido referente para os actuais traballos de investigación e recollida relacionados co canto.
miércoles, 4 de febrero de 2015
HISTORIA E EVOLUCIÓN DA DANZA EN GALICIA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)