O 16 de novembro de todos os anos a UNESCO lémbranos, co gallo da celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial, a relevancia que ten a protección dos bens materiais e inmateriais das culturas como un xeito de enriquecemento identitario e unha salvagarda do enxoval espiritual de cada un dos pobos.
A ACF O Fiadeiro quérese unir a esta declaración de dereitos continuando coa recollida, estudo e divulgación do arquivo espiritual galego; empregándoo como un elemento de diálogo e entendemento interxeracional e internacional.
Defender o noso é defender a nosa posición nun mundo cada vez máis diverso e próximo.