Páginas

lunes, 7 de abril de 2014

Curso de técnica vocal aplicado ao canto tradicional (26 de abril de 2014)




CURSO DE TÉCNICA VOCAL APLICADA AO CANTO TRADICIONAL
(Teórico e Práctico)
Xela Conde Fernández


Destinatarios

            Todas aquelas persoas que empreguen a súa voz para o canto e queiran mellorar, correxir ou conseguir máis recursos para a fonación.

Xustificación:

            A voz é o instrumento máis difícil de todos, inda que só sexa porque non o podemos ver e iso dificulta o seu aprendizaxe e a súa corrección. Por outra banda, é o máis empregado porque tod@s o temos e polo seu uso popular. Apórtanos momentos de lecer e é unha representación da nosa personalidade, carisma e forma de comunicarnos. Pero non por empregalo de maneira habitual significa que o fagamos da maneira axeitada; é posible que poidamos sacarlle moito máis partido e posibilidades e, tamén, evitar problemas orgánicos por un mal uso.

            O noso canto implica esforzo, boa respiración, afinación, proxección e ser conscientes da nosa tesitura para poder cambiar a forma de emisión da voz. Polo seu carácter, tamén precisa de expresividade, ornamentación e a utilización diversas calidades de voz. A técnica aporta todo isto, como tamén a seguridade de poder empregar o teu instrumento con calidade a pesar das dificultades do día a día (problemas de saúde, falta de descanso, estrés …) E non por ter un repertorio lonxano, a priori, da chamada “música culta” significa que necesite menos recursos, menos traballo ou menos importancia e significación.

Obxectivos:

Aprender unha serie de recursos para correxir determinados erros de fonación e para optimizar e mellorar a nosa forma de cantar:

-          Acadar dende o principio unha boa tonificación corporal, postura e respiración para poder proceder á fonación.
-          Incorporar ao noso entrenamento os exercicios adecuados de quencemento da voz; vocalización …
-          Obter coñecementos organolóxicos sobre o noso instrumento para unha boa visualización do que ocorre mentres cantamos, tendo en conta o tipo de voz e de calidade que empreguemos.
-          Consellos sobre o coidado do noso aparello fonador.
-          Entender a importancia da desinhibición e expresividade á hora de cantar.
-          Saber aplicar os diferentes tipos e calidades de voz segundo o repertorio e tesitura.
-          Traballar a ornamentación a partir da relaxación bucofarínxea.
-          Importacia da respiración e o apoio para unha boa proxección e afinación. Aprender e interiorizar exercicios para tal fin.


Contidos:

-          Tonicidade e postura corporal.
-          A respiración e o apoio.
-          Organoloxía.
-          Vocalización e prequencemento. Preparándonos para cantar.
-          Proxección e calidades de voz.
-          Técnica e tesitura.
-          Desinhibición e expresión.
-          Ornamentación
-          Exercicións vocais grupais.



Materiais que deberán levar @s participantes:

-          Roupa cómoda
-          Esterilla ou manta.
-          Material de escritura


Temporalización e agrupamentos.

Mínimo 8 persoas, máximo 15. Serán 6 horas; 3 de mañá e 3 de tarde (traballo grupal e individual, aproximadamente 10 minutos persoa)

 Horario:

11h a 14h e de 16h a 19h

Prezos:

Socios: 30 euros
Non socios: 35 euros

Interesados anortarse no 629 585 355 / 986 253 585 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com

miércoles, 29 de enero de 2014

OBRADOIRO PARA A CONFECCIÓN DE SAIAS DE ÉPOCA (Febreiro e Marzo 2014)



SÁBADOS 8 E 15 DE FEBREIRO E 8 E 15 DE MARZO (CURSO DE 12H)

Monitora: Bego Martínez
Prezo: 50.00 euros/soci@s e 60,00 euros/non soci@s
Número de prazas: 10
Interesad@s chamade ó 629 585 355 / 986 253 585
Mais información en: ofiadeiro@ofiadeiro.com 

Durante o desenrolo do cursiño @s alumn@s confeccionarán unha saia de tecido de algodón estampada, de uso cotián a finais do s.XIX e inicios do XX.
@s alumn@s disporán de diferentes modelos de saias para a súa visualización e diverso material fotográfico de consulta.

Para o inicio do cursiño @s alumn@s deberán levar:
- A tea para a confección da saia, que deberán ser tecidos de algodón 100% estampado (cadros, flores ou raias). Nos dispoñemos de diferentes tecidos de algodón para tod@s @s alumn@s que o soliciten previamente.
- Fío
- Tixeiras
- Tiza de marcar
- Cinta métrica
- Alfinetes

O resto do material preciso para o remate da saia o iremos comentando durante o desenrolo do cursiño, xa que dependerá do modelo da saia que vaian facer.

Non é preciso ter coñecementos de costura para asistir ao curso.

Curso de soporte vital básico e primeiros auxilios (22/02/14)



Monitores:

-Pablo Pérez Gonzalez: Monitor avalado polo plan nacional de Resucitación Cardio Pulmonar (Semfyc). Técnico de emerxencias sanitarias e actualmente traballando no 06. Auxiliar de trasporte sanitario na Cruz Roja Española.

-Olalla Fernández Somoza: Monitora avalada polo plan nacional de Resucitación Cardio Pulmonar (Semfyc). Auxiliar de enfermería. Auxiliar de transporte sanitario na Cruz Roja Española.

Este curso vai dirixido á poboación en xeral e a calqueira tipo de colectivo.

O obxectivo xeral é dotar aos asistentes cunha metodoloxía práctica de coñecementos de reanimación cardiopulmonar, contención de hemorraxias, feridas, traumatismos e obstruccións da vía aérea.

Contidos:

-         Conducta PAS
-         Cadea de superviciencia
-         Reanimación cardiopulmonar adulto e pediátrico
-         Obstrucción de vía aérea
-         Contención de hemorraxias.
-         Queimaduras
-         Feridas
-         Outras situación de urxencia.

Nº de alumnos: 8mínimo e 16 máximo.

Precio: 35,00 euros soci@s / 40,00 euros non soci@s

Nº de horas: 8h (de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00)

Día: sábado 22 de febrero

Lugar: Asociación O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo - Vigo) Zona Calvario

Inscricións en: ofiadeiro@ofiadeiro.com / 629 585 355 / 986 253 585


*Recoméndase aos alumnos/as que asistan con roupa cómoda para a parte práctica

martes, 14 de enero de 2014

Novo curso de Linguaxe Musical nivel iniciación



Mércores 15 de xaneiro ás 17.00 comezamos un turno de Linguaxe Musical.
Nivel iniciación así que non perdades a oportunidade. Interesados chamade ó 629 585 355 / 986 253 585
Prazas limitadas!!

Prezo: 20.00 euros/mes


Monitor: Diego González Mariño