Páginas

miércoles, 16 de octubre de 2013

Monográfico de costura - Elabora o teu mandil de gala



ELABORA O TEU MANDIL DE GALA




Duración do curso: sábados do mes de novembro
Días: 9, 16, 23 e 30 de novembro
Horas: de 10.30 a 13.30 (3 horas todos os sábados de novembro)
Lugar: Asociación O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo – Vigo)
Prezo soci@s: 50,00 euros + 25,00 euros do material abaixo indicado = 75.00 euros
Prezo non soci@s: 60.00 euros + 25.00 euros do material abaixo indicado = 85.00 euros
Mínimo 6 alumn@s e máximo 15.


Durante o desenrolo do cursiño @s alumn@s confeccionarán un mandil de gala completo, o seu corte, o cosido, e a realización da pasamanería feito ó aire.
@s alumn@s disporán de diferentes modelos de mandís e pasamanerías para a súa vusialización, así como tamén de varias mostras antigas e diverso material fotográfico de consulta.

Cada alumn@ disporá dunha bolsa con material (25,00 euros) que inclúe o material máis específico para a confección da pasamanería:

-         Cordón de soutache
-         Cortadillo
-         Fío e agullas para coser pedrería
-         Almofada sobre a que traballar a pasamanería

Ademáis deste material, @s alumn@s deberán levar:

-         Fío negro e agullas de coser a man
-         Dedal
-         Caixa de alfinetes
-         Tixeiras
-         Tiza de marcar

Non é preciso ter coñecementos de costura para asistir ó cursiño.

Interesados poñerse en contacto no 629 585 355/986 253 585 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com

2 comentarios:

  1. Oh que bonito lastima que no estoy por ahi .Que aprendan mucho hagan cousiñas bonitas
    abrazos desde Gerona

    ResponderEliminar