Páginas

miércoles, 29 de enero de 2014

OBRADOIRO PARA A CONFECCIÓN DE SAIAS DE ÉPOCA (Febreiro e Marzo 2014)



SÁBADOS 8 E 15 DE FEBREIRO E 8 E 15 DE MARZO (CURSO DE 12H)

Monitora: Bego Martínez
Prezo: 50.00 euros/soci@s e 60,00 euros/non soci@s
Número de prazas: 10
Interesad@s chamade ó 629 585 355 / 986 253 585
Mais información en: ofiadeiro@ofiadeiro.com 

Durante o desenrolo do cursiño @s alumn@s confeccionarán unha saia de tecido de algodón estampada, de uso cotián a finais do s.XIX e inicios do XX.
@s alumn@s disporán de diferentes modelos de saias para a súa visualización e diverso material fotográfico de consulta.

Para o inicio do cursiño @s alumn@s deberán levar:
- A tea para a confección da saia, que deberán ser tecidos de algodón 100% estampado (cadros, flores ou raias). Nos dispoñemos de diferentes tecidos de algodón para tod@s @s alumn@s que o soliciten previamente.
- Fío
- Tixeiras
- Tiza de marcar
- Cinta métrica
- Alfinetes

O resto do material preciso para o remate da saia o iremos comentando durante o desenrolo do cursiño, xa que dependerá do modelo da saia que vaian facer.

Non é preciso ter coñecementos de costura para asistir ao curso.