Páginas

lunes, 19 de mayo de 2014

Obradoiro de construción dun pandeiro cadrado (31 de maio de 2014)





-OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DUN PANDEIRO CADRADO-


1. Destinatarios:
            Calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro. Non se require ningunha formación previa.
Os menores de 14 anos deberán vir acompañados dun adulto

2. Obxectivos e contidos:
            Coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosido a man.

3. Metodoloxía:
            Este é un obradoiro interactivo onde os participantes irán adquirindo os coñecementos a medida que os poñen en práctica. Os alumnos levaranse, ó remate do curso, o instrumento que eles elaboren.

Día: 31/05/14

Lugar: Asociación O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo – Zona Calvario)

Hora turno mañá: de 10.00 a 14.00
Hora turno tarde: de 16.00 a 20.00

Prezo soci@: 63.00 euros
Prezo non soci@: 68.00 euros

Prazas limitadas por turno, entre 8 e 10 alumn@s

Todo o material e ferramentas necesarios a cargo do monitor.

Interesados anotarse no 629 585 355 / 986 253 585 – ofiadeiro@ofiadeiro.com
Data límite de inscrición 29 de maio