Monográfico: Técnica Vocal impartido por Teresa Paz
Sábado 23 de xuño
de 11.00h a 13.00h
Local da A. C.F. O Fiadeiro
Prezo: 15,00 euros
Destinatarios:
Este proxecto está enfocado principalmente a personas maiores de 12 anos de edade.
Non se requiren coñecementos musicais, tan só un mínimo de aptitudes e sobre todo ganas de participar.
Número de prazas dispoñibles: 2
Teresa Paz
Graduada en Dirección Coral no Instituto Superior de Arte de La Habana en 1991. Funda e dirixe dende 1994, xunto a Aland López, o Conxunto de Música Antiga Ars Longa, primeiro grupo cubano especializado na interpretación da música antiga con instrumentos históricos.
Recibiu cursos especializados en interpretación de repertorios antigos dos maestros Werner Pfaf, Josep Luis Valdecabres, Anna Dujka Smoje, Josep Cabré, Gabriel Garrido, Claudio Abbado e Claudio Dall’Albero. Ademais das suas funcións como directora do grupo, adícase ó bel canto como soprano. Ó respecto, realizou estudios especializados con prestixiosos maestros entre os que destacan as profesoras Linda Perillo, Jette Rosendal e Evelyn Tubb.
Como directora e intérprete de Ars Longa a sua discografía a integran oito discos, que mereceron importantes premios da crítica musical especializada de Cuba, Francia, Italia, España e Inglaterra.
É profesora de Dirección Coral e Canto e directora do Festival Internacional de Música Antiga Esteban Salas que cada ano se celebra en La Habana Vieja.
Mais información no 629 585 355 / 986 253 585
No hay comentarios:
Publicar un comentario