Ligazón:
A zanfona e os cantos de cego na música tradicional
Descrición:
Conferencia de Pablo Quintana na " I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.
martes, 31 de marzo de 2015
miércoles, 25 de marzo de 2015
A GAITA NA IDADE MEDIA: ACHEGAS PARA A SÚA RECONSTRUCIÓN SONORA
Ligazón:
Descrición:
Artigo de Norberto Pablo Cirio, publicado na Revista de Folklore. Tomo 19b. Núm. 227, 1999, no que se expón unha relación de diferentes fontes documentais e unha reflexión sobre a reconstrución sonora da gaita da Idade Media. O obxectivo do traballo é aplicar o modelo de estudo de Dale Olsen á gaita medieval co fin de iluminar algúns aspectos da mesma: denominación, partes constituíntes, modo de execución, volumen, timbre, repertorio e ubicación na dinámica músico-social da época.
jueves, 19 de marzo de 2015
ESCALAS E ARPEXOS PARA GAITA DE FOL
Ligazón:
Escalas e arpexos para gaita de fol
Descrición:
Material didáctico que contén:
- escalas maiores e menores harmónicas
- e arpexos maiores e menores.
En 24 tonalidades, ata 6 alteracións sen incluír as respectivas tonalidades enharmónicas ás escritas neste traballo.
Os exercicios preséntanse en diferentes patróns rítmicos e están enfocados cara ao estudo técnico en contextos musicais onde o repertorio non supera unha onceava (Si4-Mib6 para gaitas soprano en dó), sen considerar os diferentes rexistros do instrumento ou as diferentes posibilidades de articulación.

Ofertas de emprego O Fiadeiro
OFERTAS DE
EMPREGO DOS NOVOS POSTOS A CREAR AO ABEIRO DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2015
A Asociación Folclórica O Fiadeiro ofrece a posibilidade
de optar a presentarse para cubrir os postos de traballo temporal que se
relacionan a continuación, cunha duración mínima de 3 meses, e máxima ata fin
de obra ou servizo :
1º - PERSOA PARA LIMPEZA E
MANTEMENTO ( 1 posto )
Titulación
requerida: Non requerida
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos : Resposable da limpeza e o mantemento básico do local da A.C.F O Fiadeiro.
2º MONITOR PANDEIRETA E CANTO
POPULAR ( 2 postos )
Titulación
: Non requerida
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos: Docente
de pandeireta e canto popular para nen@s e adultos. Coñecemento da cultura e folclore tradicional e
demostrable na área a impartir.
2º MONITOR BAILE TRADICIONAL (
2 postos )
Titulación
: Non requerida
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos: Docente
de baile tradicional para ne@s e adultos. Coñecemento da cultura e folclore tradicional e demostrable
na área a impartir. Coñecemento da
cultura e folclore tradicional e demostrable na área a impartir.
3º MONITOR BAILE MODERNO ( 1
POSTO )
Titulación
: Non requerida
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos : Docente
de baile moderno para ne@s e adultos.
Coñecemento da cultura e historia do
baile en todas as súas disciplinas e
demostrable na área a impartir.
4º MONITOR GUITARRA , LINGUAXE
MUSICAL ( 2 POSTOS )
Titulación : Non requerida pero valorable titulación media ou superior de música na especialidade
de guitarra e/ou educación musical.
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos: Un posto para docente de guitarra para nen@s
e adultos. Un posto para docente de linguaxe musical para nen@s e adultos ( en función da demanda de
alumnado ). Coñecemento da cultura e folclore tradicional e demostrable na área
a impartir.
REQUERIMENTOS COMÚNS PARA
TOD@S OS POSTOS OFERTADOS:
-
Que estean empadroados no Concello de Vigo
-
Que teñan experiencia no posto na entidade con anterioridade
-
Que sexan soci@s da entidade
-
Que estea en situación de desemprego
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Soamente
se valorarán curriculums, achegados vía correo eléctrónico a seguinte dirección,
teso.ofiadeiro@gmail.com
PRAZO LÍMITE : 27 DE MARZO DE 2015.
A
XUNTA DIRECTIVA.
miércoles, 11 de marzo de 2015
A XOTA E AS SÚAS VARIANTES COREOGRÁFIACAS E DIALECTAIS EN GALICIA
Ligazón:
A xota e as súas variantes coreográficas e dialectais en Galicia
Descrición:
En Galicia conviven diferentes formas e ritmos de bailes soltos, entre os cales e como un dos máis populares encóntrase a Xota. Definiremos as distintas formas de bailala segundo a zona
xeográfica de Galicia, ao igual que as súas diferentes denominacións. Tamén nos achegaremos aos seus dispares acompañamentos instrumentais, diferenciándoos igualmente por zonas xeográficas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)