Páginas

jueves, 19 de marzo de 2015

Ofertas de emprego O Fiadeiro

OFERTAS DE EMPREGO DOS NOVOS POSTOS A CREAR AO ABEIRO DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2015

A Asociación Folclórica O Fiadeiro ofrece a posibilidade de optar a presentarse para cubrir os postos de traballo temporal que se relacionan a continuación, cunha duración mínima de 3 meses, e máxima ata fin de obra ou servizo :

1º - PERSOA PARA LIMPEZA E MANTEMENTO ( 1 posto )
Titulación requerida: Non requerida
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos :  Resposable  da limpeza e o mantemento básico  do local da A.C.F O Fiadeiro.

2º MONITOR PANDEIRETA E CANTO POPULAR ( 2 postos )
Titulación : Non requerida
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos: Docente de pandeireta e canto popular para nen@s e adultos. Coñecemento  da cultura e folclore tradicional e demostrable na área a impartir.

2º MONITOR BAILE TRADICIONAL ( 2 postos )
Titulación : Non requerida
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos: Docente de baile tradicional para ne@s e adultos. Coñecemento  da cultura e folclore tradicional e demostrable na área a impartir. Coñecemento  da cultura e folclore tradicional e demostrable na área a impartir.

3º MONITOR BAILE MODERNO ( 1 POSTO )
Titulación : Non requerida
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos : Docente de baile moderno  para ne@s e adultos. Coñecemento  da cultura e historia do baile en todas as súas disciplinas  e demostrable na área a impartir.


4º MONITOR GUITARRA , LINGUAXE MUSICAL ( 2  POSTOS )
Titulación : Non requerida pero valorable titulación  media ou superior de música na especialidade de guitarra e/ou educación musical.
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos:  Un posto para docente de guitarra para nen@s e adultos. Un posto para docente de linguaxe musical  para nen@s e adultos ( en función da demanda de alumnado ). Coñecemento da cultura e folclore tradicional e demostrable na área a impartir.

REQUERIMENTOS COMÚNS PARA TOD@S OS POSTOS OFERTADOS:
-          Que estean empadroados no Concello de Vigo
-          Que teñan experiencia no posto na entidade con anterioridade
-          Que sexan soci@s da entidade
-          Que estea en situación de desemprego

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Soamente se valorarán curriculums, achegados vía correo eléctrónico a seguinte dirección, teso.ofiadeiro@gmail.com

PRAZO LÍMITE :  27 DE MARZO DE 2015.


                                                                                                                         A XUNTA DIRECTIVA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario