Rubén Troitiño García
Titulado
Superior na especialidade de Son pola Escola de Imaxe e Son de Vigo no 2009. A
súa formación complementouse con Suso Ramallo e Pablo Barreiro entre outros.
Email: rubentroitino@gmail.com
COÑECEMENTO DOS ELEMENTOS
BÁSICOS PARA A CREACIÓN DUN HOME STUDIO
Ø Ordenador
Ø Tarxeta de son
o Tarxetas externas con entradas de micrófono e liña
Ø Software de audio profesional
o Uso do Pro Tools. A empresa Digidesing, que desenvolve o programa Pro Tools,
elabora algúns dos mellores softwares de audio do mercado, polo que a súa
calidade e sólida fiabilidade son amplamente recoñecidos. Isto levou a este
potente software de produción musical e postprodución audiovisual a converterse
nun dos referentes desta industria.
Ø Controladores e periféricos
o Teclados MIDI e controladoras
Ø Monitores de estudio
o Diferenzas entre monitores de estudio e altofalantes convencionais
Ø Captación de son
o Coñecementos básicos de tipos de microfonía que un se pode atopar á hora de
facer unha gravación, ademais de ver as distintas tomas microfónicas para unha
captación óptima
PRÁCTICA
Este curso vai dedicado a toda a xente interesada en iniciarse no mundo da
gravación. Ademais de dar a coñecer a configuración dun home studio e o uso básico do programa de audio, unha das propostas
que se fai é que todo aquel que estea apuntado e sexa músico se lle mostrará
como microfonear o seu instrumento e cómo gravalo.
INSCRICIÓN
Prezo socios: 30€
Prezo non socios: 35€
Data límite e lugar de inscrición e realización do curso: Mércores 17 de
xuño.
ACF O Fiadeiro (Rúa Xesús Fernández, nº 3, Baixo)
Preinscrición: no 629 585 355 / 986 253 585
Mail:
ofiadeiro@ofiadeiro.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario