Páginas

jueves, 17 de septiembre de 2015

NOVA ACTIVIDADE! Aulas de Música Antiga

    
O Curso de Música Antiga nace coa vocación firme de constituirse en centro de ensino da música anterior a 1800 e dos instrumentos cuxo espazo natural é ese período. É evidente que, á partida, dous instrumentos polarizan esta iniciativa: gaita de fole e sanfona. Dous instrumentos con presenza evidente na Galiza, até o ponto de un deles ser, sen dúbida, o instrumento nacional. Dous instrumentos cuxa historia na música erudita até s.XVIII é inquestionábel, cuxo repertorio neses ambientes é inxente. Tan inquestionábel unha e tan inxente outro como, ainda, pouco atendido. Con este Curso de Música Antiga, que comezamos este ano con Traverso Barroco somado a Gaita e Sanfona, preténdese unha formación integral da persoa no seu instrumento. Estruturado en seis anos, o plano curricular non é pretensioso como para dicir que procura unha formación total. Tal cousa é imposíbel por causa de demasiadas variábeis, entre elas o perfil do alunado é apenas unha. Mais si procura unha formación, como diciamos, integral. Unha formación das estudantes que integre o instrumento nas súas distintas épocas na música erudita, a súa técnica em función do repertório, a interpretación con criterios historicamente informados, a expansión da súa técnica e da súa concepción para os reptos do futuro. Para isto, o plano curricular complementa o instrumento principal cunha serie de disciplinas teórico-práticas, de frecuencia obrigada conforme avanzaren os anos de estudo.

Máis información en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585.




sábado, 5 de septiembre de 2015

NOVA ACTIVIDADE! Espazo Activo para Maiores



ESPAZO  ACTIVO PARA MAIORES

É de vital importancia facerse maior de forma activa e saudable co fin de mellorar a calidade de vida, ampliando as relacións sociais e evitando o sedentarismo.

En O Fiadeiro poderás atopar un espazo onde se impartirán obradoiros heteroxéneos e dinámicos co obxectivo principal de  potenciar as habilidades, capacidades e a creatividade a través da diversión e da participación activa dos usuarios.

Os grupos estarán formados por un mínimo de 5 usuarios e un máximo de 10.

Cada semana unha experiencia. Mércores de 10.30 a 11.30 horas.

Actividades:

Musicoterapia: persegue potenciar ou manter o bo funcionamento físico, emocional, intelectual e social coa  evocación de lembranzas canalizadas a través da música, compartir experiencias persoais e fomentar as relacións interpersoais. Realizaranse concursos/xogos por grupos, karaoke, manexo de instrumentos.

Xogos e exercicios para potenciar a memoria e a psicomotricidade.

Obradoiros de expresión artística e  creación de obxectos a través da reciclaxe de diversos materiais. O obxectivo principal é traballar a creatividade e a expresión a través de exercicios de modelado, pintura, collage…

Obradoiros de risa: a finalidade destes monográficos será relaxarse e paliar o estrés, desinhibirse e desbloquearse emocionalmente, entrar en contacto co neno interior e liberalo, conectar coa nosa capacidade para desfrutar da vida e experimentar e potenciar emocións positivas como a alegría e a diversión, todo a través de distintas dinámicas que propician a risa fomentando un clima grupal positivo.

Técnicas de relaxación: os obxectivos perseguidos son axudar a manter a saúde, mellorar os sistemas respiratorio e circulatorio, reforzar a autoestima, activar os sentidos, mellorar a capacidade de concentración e recuperar a sensación de tranquilidade. Levaranse a cabo utilizando exercicios de conciencia corporal e técnicas de respiración.

Máis información en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585


XIV Xornadas de Portas Abertas




Comezamos o novo curso e que mellor que celebrándoo na rúa e na nosa sede para que veñades a compartir unha xornada con nos e participedes das nosas actividades.


De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 Exposición de traxes e instrumentos (dentro do noso local)


De 12.00 a 14.00 Pasarrúas dos diferentes grupos musicais da escola polo Calvario.



De 18.00 a 20.00 No escenario que haberá fora do noso local se farán concertos e animacións das distintas actividades da nosa escola



Ven a coñecernos e participa!!



E non olvidedes anotarvos xa ó novo curso que comezará o 1 de outubro

Máis información en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585

Actividades para o curso 2015 - 2016


Prazos de inscrición


- Para alumnos da Escola: do 1 de setembro ao 18 de setembro
- Para novos alumnos: do 1 de setembro ao 25 de setembro


Máis información no 629 585 355 / 986 253 585 – ofiadeiro@ofiadeiro.com