ESPAZO ACTIVO PARA MAIORES
É de vital importancia facerse maior de forma activa e saudable co fin de mellorar a calidade de vida, ampliando as relacións sociais e evitando o sedentarismo.
En O Fiadeiro poderás atopar un espazo onde se impartirán obradoiros heteroxéneos e dinámicos co obxectivo principal de potenciar as habilidades, capacidades e a creatividade a través da diversión e da participación activa dos usuarios.
Os grupos estarán formados por un mínimo de 5 usuarios e un máximo de 10.
Cada semana unha experiencia. Mércores de 10.30 a 11.30 horas.
Actividades:
Musicoterapia: persegue potenciar ou manter o bo funcionamento físico, emocional, intelectual e social coa evocación de lembranzas canalizadas a través da música, compartir experiencias persoais e fomentar as relacións interpersoais. Realizaranse concursos/xogos por grupos, karaoke, manexo de instrumentos.
Xogos e exercicios para potenciar a memoria e a psicomotricidade.
Obradoiros de expresión artística e creación de obxectos a través da reciclaxe de diversos materiais. O obxectivo principal é traballar a creatividade e a expresión a través de exercicios de modelado, pintura, collage…
Obradoiros de risa: a finalidade destes monográficos será relaxarse e paliar o estrés, desinhibirse e desbloquearse emocionalmente, entrar en contacto co neno interior e liberalo, conectar coa nosa capacidade para desfrutar da vida e experimentar e potenciar emocións positivas como a alegría e a diversión, todo a través de distintas dinámicas que propician a risa fomentando un clima grupal positivo.
Técnicas de relaxación: os obxectivos perseguidos son axudar a manter a saúde, mellorar os sistemas respiratorio e circulatorio, reforzar a autoestima, activar os sentidos, mellorar a capacidade de concentración e recuperar a sensación de tranquilidade. Levaranse a cabo utilizando exercicios de conciencia corporal e técnicas de respiración.
Máis información en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585
No hay comentarios:
Publicar un comentario