Onte se desenvolveu a Xornada de Portas Abertas da ACF O Fiadeiro. En primeiro lugar na aula de baile da nosa sede da Rúa Xesús Fernández, 3, baixo, en Vigo, Miguel Souto e Sergio Cobos nos relataron polo miúdo o complexo proceso polo que unha recollida, neste caso a feita en Riamonte, un pequeno pobo do Concello de Cervantes na provincia de Lugo, nos anos noventa, se enriquece e elabora antes de chegar a ser representada nun escenario.
O entusiasmo e as abundantes anécdotas que Miguel e Sergio relataron, conseguiron que a audiencia que ateigaba a aula, e na que abundaban os cativos, pasara unha hora moi divertida a mais de interesante. Para rematar esta primeira parte proxectaron o audiovisual “Riamonte; da recollida ao escenario” que pon en música e baile a explicación deste proceso.
De contado saíuse ao exterior para a Aula de baile tradicional na rúa, impartida Sergio Cobos e amplamente gozada por todos, da que deixamos estas testemuñas gráficas.
Máis fotografías: Galería
No hay comentarios:
Publicar un comentario