Actuación de Os Mosquitos en As Pontellas (15/05/11), un álbum en Flickr.
viernes, 20 de julio de 2012
VII Gala “Esta noite hai unha fía” de oficios e labores
A agrupación de baile e música tradicional O Fiadeiro actuará en Padrón
o próximo Domingo 22 de Xullo.
Lugar: Praza Macías
Hora: 22.30h.
Interpretarán o seu espectáculo de baile e música tradicional denominado
VII Gala "Esta noite hai unha fía" de oficios e labores.
Coma sempre vos invitamos a todos a vir a pasar un bo rato con nos e
disfrutar do noso folclore.
jueves, 21 de junio de 2012
Fin de curso 2011/12
FIN de CURSO 2011 – 2012
Escola “O Fiadeiro”
Sábado 7 de xullo de 2012 (18.00h)
Serán O Fiadeiro
Lugar: Asociación de Veciños “Santa Mariña” de Cabral
Avda Santa Mariña 95 - Cabral (Vigo)
Un ano mais convidamos a todos os que queiran a participar no noso serán a partir das 22.00. Podedes facelo tocando, bailando ou cantando. Haberá comida e bebida.
Pola tarde a partir das 18.00 tamén poderedes disfrutar das actuacións dos diferentes grupos da nosa escola, que nos amosarán todo o que aprenderon neste curso.
Técnica Vocal impartido por Teresa Paz
Monográfico: Técnica Vocal impartido por Teresa Paz
Sábado 23 de xuño
de 11.00h a 13.00h
Local da A. C.F. O Fiadeiro
Prezo: 15,00 euros
Destinatarios:
Este proxecto está enfocado principalmente a personas maiores de 12 anos de edade.
Non se requiren coñecementos musicais, tan só un mínimo de aptitudes e sobre todo ganas de participar.
Número de prazas dispoñibles: 2
Teresa Paz
Graduada en Dirección Coral no Instituto Superior de Arte de La Habana en 1991. Funda e dirixe dende 1994, xunto a Aland López, o Conxunto de Música Antiga Ars Longa, primeiro grupo cubano especializado na interpretación da música antiga con instrumentos históricos.
Recibiu cursos especializados en interpretación de repertorios antigos dos maestros Werner Pfaf, Josep Luis Valdecabres, Anna Dujka Smoje, Josep Cabré, Gabriel Garrido, Claudio Abbado e Claudio Dall’Albero. Ademais das suas funcións como directora do grupo, adícase ó bel canto como soprano. Ó respecto, realizou estudios especializados con prestixiosos maestros entre os que destacan as profesoras Linda Perillo, Jette Rosendal e Evelyn Tubb.
Como directora e intérprete de Ars Longa a sua discografía a integran oito discos, que mereceron importantes premios da crítica musical especializada de Cuba, Francia, Italia, España e Inglaterra.
É profesora de Dirección Coral e Canto e directora do Festival Internacional de Música Antiga Esteban Salas que cada ano se celebra en La Habana Vieja.
Mais información no 629 585 355 / 986 253 585
jueves, 17 de mayo de 2012
Técnica Vocal. Expresión, desinhibición e creatividade no canto polifónico
Un ano mais, dende a dirección da Escola "O Fiadeiro" anunciámosvos que nos meses vindeiros realizaremos no noso local unha serie de cursos que,inda que abertos ao público en xeral, teñen como obxectivo ofrecer unha serie de recursos para aqueles profesionais do ámbito da educación e da saúde. Estes cursos realizaranse os sábados cunha temporalidade media de 6h ao día e un prezo estimado por curso de 25 euros (20 euros para socios da asociación) Vos podedes anotar chamando a nosa oficina no horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00. Iranse completando ás prazas por orde de chamada. VINDE a PARTICIPAR!!!
O seguinte será …
Técnica Vocal. Expresión, desinhibición e creatividade no canto polifónico
Xela Conde
Sábado 26 de maio
10h a 14h
Local da A. C.F. O Fiadeiro
Prezo: 25 euros, 20 euros (para socios)
Destinatarios:
Este proxecto está enfocado principalmente a personas maiores de 12 años de edad.
Non se requiren coñecementos musicais, tan só un mínimo de aptitudes e sobre todo ganas de participar.
Mínimo de participantes: 10 personas. Máximo 30 personas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


