Páginas

jueves, 17 de mayo de 2012

Técnica Vocal. Expresión, desinhibición e creatividade no canto polifónico

Un ano mais, dende a dirección da Escola "O Fiadeiro" anunciámosvos que nos meses vindeiros realizaremos no noso local unha serie de cursos que,inda que abertos ao público en xeral, teñen como obxectivo ofrecer unha serie de recursos para aqueles profesionais do ámbito da educación e da saúde. Estes cursos realizaranse os sábados cunha temporalidade media de 6h ao día e un prezo estimado por curso de 25 euros (20 euros para socios da asociación) Vos podedes anotar chamando a nosa oficina no horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00. Iranse completando ás prazas por orde de chamada. VINDE a PARTICIPAR!!!

O seguinte será …

Técnica Vocal. Expresión, desinhibición e creatividade no canto polifónico
Xela Conde

Sábado 26 de maio
10h a 14h 
Local da A. C.F. O Fiadeiro
Prezo: 25 euros, 20 euros (para socios)

Destinatarios:

Este proxecto está enfocado principalmente a personas maiores de 12 años de edad.
Non se requiren coñecementos musicais, tan só un mínimo de aptitudes e sobre todo ganas de participar.
Mínimo de participantes: 10 personas. Máximo 30 personas.

Xustificación

A nosa voz é a nosa identificación sonora e recurso principal de expresión e comunicación, aderezado sempre cos nosos xestos faciais e a expresión corporal. Sendo algo tan sumamente íntimo e fráxil debemos coidalo e ao mesmo tempo procurar obter, saber, apreciar unha serie de recursos para optimizar o noso aparato fonador. Partindo da premisa de que toda persoa pode cantar e disfrutar facendo música coa súa propia voz, ofrecemos neste monográfico unha serie de exercicios de técnica vocal e recursos musicais para poder mellorar e facilitar o canto. Traballaremos a expresión e desinhibición, fundamentales nesta disciplina musical, así como a creatividade para poder elaborar temas polifónicos nun contexto grupal.

Obxectivos

-       Traballar a técnica vocal (postura, respiración, vocalización, resonadores …) para mellorar e correxir a nosa fonación.
-       Optimizar e sacar a relucir a nosa musicalidade innata a partires de actividades musicais que van dende a danza, percusión corporal … facendo un maior incapé no canto polifónico.
-       Traballar musicalmente de maneira grupal a polifonía alimentando a libre expresión e comunicación.
-       Valoración do xogo como mecanismo educativo e de comunicación. Voltar á nosa nenez no emprego da imaxinación e creatividade.
-       Aprendizaxe de diferentes xogos e rudimentos musicais.

Metodoloxía

Este monográfico ten un carácter práctico e de participación grupal.
As técnicas a aprender acadaranse de maneira sinxela a partires de xogos musicais diferentes.

Tipo de Actividades

Incluidas dentro do marco da educación musical, técnica vocal, percusión e rítmica, , danza e psicomotricidade, musicoterapia e polifonía vocal:

-       Exercicios de técnica vocal.
-       Técnicas de relaxación.
-       Psicomotricidade: expresión corporal e movemento.
-       Exercicios de desinhibición
-       Xogos rítmicos.
-       Taller de creación de pezas musicais para polifonía vocal.
Etc.


 ... falando de ... Xela Conde Fernández


Diplomada en maxisterio, formada en Musicoterapia e experta en Formación de Formadores, compaxina a súa vida entre a docencia, a música e a práctica musicoterapéutica.
Comeza a súa andaina no mundo da cultura galega de moi nova no eido da danza tradicional, pasando por varias agrupacións ata quedarse na ACF O Fiadeiro, onde tamén formou parte do grupo de pandereteiras e co que participou en festivais, galas, viaxes e a gravación do disco “O Fiadeiro”. Segue a participar nesta asociación, agora como profesora de canto popular e monitora do “Taller de participación musical: polifonía” da escola.
Estudiou linguaxe musical e canto con varios mestres (Pilar Fraga, Javier Feijoó, Mónica de Nut …) e frauta barroca da man de Ramón Viceiro e Ernesto Schmied. Como flautista experimentou coa música folk co grupo Ávalon do que foi membro fundador. Con elas grava dous discos (“Lúa Meiga” e “Beltaine”) permitíndolle desempeñar a súa faceta de compositora e arreglista, a parte de aprender o que é a vida deambulante dun músico e as parafernalias do negocio musical.
Coa súa familia e amigos forma o grupo Louleada (canto tradicional)cuxo fin último baseábase no traballo de campo de recuperación etnográfica e a sua posterior divulgación en concertos, exposicións e discos (“Trubisqueira”) Experiencia e aprendizaxe coa que se sinte eternamente agradecida.
Un día entrou dentro do edificio da Escola de Artes e Oficios de Vigo como gaiteira e e percusionista de Xarabal e o Grupo Didáctico e xa non quiso sair nunca. Mais tarde estudaría canto tradicional (con Javier Feijoo, “Chisco”) e violín folk (Alfonso Franco) no Conservatorio de Música tradicional de Vigo (EMAO) que lle levaría a formar parte da Orquestra Folk Sondeseu, da que segue sendo integrante e coa que gravou “Mar de Vigo”,  “Trastempo” e “Barlovento”.
Atopou a media laranxa vocacional coa Musicoterapia, formándose con profesionais como Serafina Poch, Victor del Río, Ricardo Canal, Elisabeth Sanchez, Colwyn Trevarthen, Tony Wigram … en Madrid e Sevilla. Traballando co seu equipo en dous centros da Fundación Menela elaborou unha metodoloxía propia que veu os seus froitos na formación da Orquestra Castro Navas (formada por autistas e psicóticos) coa que participou en varios concertos. Imparte cursos sobre esta disciplina para profesionais do ámbito da docencia e a saúde.
Como docente traballou en centros de formación regrada e non regrada dentro e fóra de Galicia (Barcelona, Suíza) Actualmente é profesora de canto tradicional e etnografía na Tradescola (Lugo) xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos e na ACF O Fiadeiro (Vigo) Forma parte do equipo de mestres da e-Trad impartindo as asignaturas de Ritmos e Xéneros do Canto Tradicional, Polifonía, Tradición e ciclo anual e Danza I.
A parte de levar actualmente o aula aberta do coro da Escola de Música tradicional e folk de Vigo (e-Trad) leva anos impartindo cursos sobre técnica vocal, expresión, desinhibición e creatividade no canto polifónico.

Mais información no 629 585 355