Páginas

domingo, 18 de marzo de 2012

O Fiadeiro na Reconquista 2012

Boas compañeir@s,

Como ben sendo habitual, un ano mais A.C.F O Fiadeiro estará presente no Mercado da Reconquista os días 31 de Marzo e 1 de Abril.


Estaremos na R/ Teófilo LLorente, xusto o baixar dende a Pedra, o carón da Pita Tola (diante do edificio da Cruz Roja).

O posto estará provisto de produtos típicos de nosa gastronomía,  o noso posto xa non pasa desapercibido no Mercado, xa é tradicional pasar a probar a nosa zorza de polo, ou tomarse un bocadillo de chourizo, una cunca de bo viño, un licor café ou unha crema, das mellores do país.

Ademais como sempre a festa está asegurada da mañá a noite a cargo da música e baile dos diferentes grupos formados polos alumn@s da Escola de O Fiadeiro e os compoñentes do Grupo de Baile e Música de O Fiadeiro.

O bo funcionamento do posto e que todo marche ben, precisa da colaboración de todos os Fiadeir@s, e aqueles achegados que queiran botar unha man.  Polo que dende aquí facemos un chamamento a colaboura para ademais de pasar polo posto e degustar os produtos, será de bo agrado recibir as vosas doazóns de delicias culinarias, na sección de Doces.

Se alguén queres colaborar e facer a súa doazón, rogamos para que todo sexa mellor de levar e de xeito organizado, que se lle avise a Raquel cando deixaredes as vosas aportacións, de maneira que se farán catro quedas durante toda a festa , para non  haber aglutinacións nin baleiros en ningún momento:

QUENDAS

Sábado Mañá (preferiblemente deixar os doces no posto en torno as 12 da mañá)

Sábado Tarde (preferiblemente deixar os doces no posto sobre as 16.00 horas)

Domingo de Mañá (preferiblemente deixar os doces no posto en torno as 12 da mañá)

Domingo Tarde (preferiblemente deixar os doces no posto en torno as 16.00horas)

DOCES E POSTRES

Este ano queremos  recomendar para as doazóns que se fagan , que se é posible os doces e delicias reposteiras sexan do seguinte tipo:

  • Filloas
  • Rosquillas
  • Tortas de améndoas, queixo, biscoitos ou similares (sempre que poidan ser de fácil manexo e non precisen culler nin prato para comelos e repartilos)



Moitas grazas por participar e colaborar con nós.