Duración: de Marzo ata Xuño
Días do curso: Martes 19.30 - 21.00
Lugar: Asociación O Fiadeiro. R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo (Zona Calvario)
Prezo: 25,00 euros/mes
Mais info: 629 585 355 / 986 253 585 ou en www.ofiadeiro.com
O Fiadeiro
miércoles, 29 de febrero de 2012
jueves, 23 de febrero de 2012
Orquestra O Fiadeiro no furancho Matamá folc
Este é o programa da ÚLTIMA fin de semana no MATAMÁFOLCFURANCHO 2012, ó lado da capilla na plaza de San Mauro en Matamá...
"ORQUESTRA O FIADEIRO"
(VENRES 24 DE FEBREIRO) a partir das 23h.
VII Gala “Esta noite hai unha fía” de oficios e labores
A agrupación de baile e música tradicional "O Fiadeiro" actuará en Arzúa o próximo domingo 4 de marzo.
- Lugar: Praza de Galiza
- Hora: 18.00
Coma sempre vos invitamos a todos a vir a pasar un bo rato con nos e disfrutar do noso folclore!
Taller de drama terapia e riso terapia
Un ano mais, dende a dirección da Escola "O Fiadeiro" anunciámosvos que nos meses vindeiros realizaremos no noso local unha serie de cursos que,inda que abertos ao público en xeral, teñen como obxectivo ofrecer unha serie de recursos para aqueles profesionais do ámbito da educación e da saúde. Estes cursos realizaranse os sábados cunha temporalidade media de 6h ao día e un prezo estimado por curso de 25 euros (20 euros para socios da asociación) Vos podedes anotar chamando a nosa oficina no horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00. Iranse completando ás prazas por orde de chamada. VINDE a PARTICIPAR!!!
O primeiro curso será ...
martes, 21 de febrero de 2012
Concerto acústico de Rubén de Lis
O Fiadeiro organiza concerto acústico de Rubén de Lis
Día: Sábado 25 de febreiro
Lugar: Tapería "A Pousada do Couto", en Couto de San Honorato 165
Hora: 19.00 a 20.00
Neste concerto básico e didáctico, ó finalizar, os nosos alumnos de guitarra entre outros poderán realizar preguntas sobre a guitarra, composicións dos temas, etc...
Rubén de lis ( guitarrista,cantante e compositor)...artista revelación...un gran espectáculo en directo para todo tipo de públicos e edades...cun repertorio extensísimo que va dende o pop ó flamenco,pasando por country,folk, blues, rock e un longo etc...este artista se adapta a todo tipo de festivais, teatros, auditorios, salas de concertos etc... ademáis de ser un músico profesional é un showman no escenario onde combina a creatividade coa calidade e a diversión empapados nunha experiencia acumulada de varios anos de escenario en escenario onde convence e agrada ó público máis exixente...
martes, 14 de febrero de 2012
Curso de fotografía
Primeira parte
- Fotografía básica: Historia, luz, enfoque, cámaras, obxetivos, manexo cámara, ...
Segunda parte
- Photoshop básico
Material para o curso
- Cámara reflex ou compacta
- Ordenador portátil con photoshop (opcional)
Remataremos o curso cun exame práctico.
- Fotografía básica: Historia, luz, enfoque, cámaras, obxetivos, manexo cámara, ...
Segunda parte
- Photoshop básico
Material para o curso
- Cámara reflex ou compacta
- Ordenador portátil con photoshop (opcional)
Remataremos o curso cun exame práctico.
Días de entroido
Lembrade que os días 20, 21 e 22 de febreiro non haberá clase para que disfrutedes do entroido
Un cordial saúdo
A.C.F. O Fiadeiro
miércoles, 8 de febrero de 2012
VII Gala “Esta noite hai unha fía” de oficios e labores
VII Gala “Esta noite hai unha fía” de oficios e labores.
Teatro Municipal de Tui, Colón Nº2
Dende as 20:30 ata as 22:30
Dende as 20:30 ata as 22:30
En atención ao obxectivo de acrecentar a consideración das músicas e bailes propios de Galicia, O Fiadeiro recrea, na sétima edición do seu espectáculo “Esta noite hai unha fía”, as melodías que acompañaron o día a día dos homes e mulleres que exerceron os oficios e labores tradicionais, os cantos que aliviaban as xornadas de traballo nunha sociedade esencialmente artesanal que atopaba na música e o baile o indispensable acougo fronte ao duro oficio de vivir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)