Páginas

jueves, 23 de febrero de 2012

Taller de drama terapia e riso terapia

Un ano mais, dende a dirección da Escola "O Fiadeiro" anunciámosvos que nos meses vindeiros realizaremos no noso local unha serie de cursos que,inda que abertos ao público en xeral, teñen como obxectivo ofrecer unha serie de recursos para aqueles profesionais do ámbito da educación e da saúde. Estes cursos realizaranse os sábados cunha temporalidade media de 6h ao día e un prezo estimado por curso de 25 euros (20 euros para socios da asociación) Vos podedes anotar chamando a nosa oficina no horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00. Iranse completando ás prazas por orde de chamada. VINDE a PARTICIPAR!!!

O primeiro curso será ...



Taller de drama terapia e riso terapia

Este taller consiste nun mirarse hacia dentro, explorar e facernos conscientes do noso Ser interior. Nunha sociedade volcada hacia o exterior, a imaxe e o demáis, vale a pena parar e adicarse atención a un mesmo. A través do teatro e o clown recreamos escenas da vida cotiá que nos costa resolver e xogamos a darlles diferentes enfoques ata comprendelas e integralas no noso EU presente.

Metodoloxía

Imos xogar a facer teatro, divertirnos e compartirnos. Imos reír, brincar, bailar ...
Vivimos a experiencia de participar e pertencer ao grupo humano.
Mediante o Drama sacamos á palestra as situacións arquetípicas da vida coas que queremos traballar.
A través do Bufón reaccionamos ás situacións dende o noso lado oscuro, sarcástico e grotesco.
Por último concluímos no taller coa encarnación do Clown. A catarsis de reírnos da vida e de nos mesmos liberarnos de medos e tensións



SÁBADO 24 de Marzo de 2012
11h - 14h e de 16:30h a 19:30h
Prezo: 25 euros (20 euros para socios)
Máximo 15 prazas

No hay comentarios:

Publicar un comentario