O OBRADOIRO
O obradoiro de percusión miúda ten como obxectivo introducir aos alumnos nestes instrumentos, ás veces esquecidos nas aulas de percusión tradicional.
Os contidos programados están estruturados en tres bloques:
- Organoloxía e os instrumentos de percusion miúda.
- Rudimentos técnicos
- Patróns rítmicos
O obradoiro terá unha orientación principalmente práctica, centrado en adquirir as bases necesarias para poder tocar con eles e dominar aqueles patróns rímticos estándar máis utilizados na música galega.
Non é imprescindible dispoñer de instrumentos propios e se proporcionará material didáctico ao alumnado.
ANXO PARDO
Estudou percusión na
Etrad de Vigo e asistiu a diversos cursos con mestres comon Xaquín Xesteira ou
Xosé Lois Romero Cajigal.
Na actualidade
forma parte de Orquestra Folk Sondeseu e do grupo Malvela cos que ten gravados
diversos discos. Tamén ten colaborado noutras gravacións como “Na flor dos meus
anos” (Sra. Carmen), Lulavai, Meniños cantores, “De pano sedán”, “Cantos no
camiño” e "Rosalía Pequeniña".
No hay comentarios:
Publicar un comentario