Días do curso:
SÁBADO 5 de Decembro de 16.00 a 20.00
DOMINGO 6 de Decembro de 10.00 a 14.00
MARTES 8 de Decembro de 10.00 a 12.00
O obxectivo principal deste obradoiro será a aprendizaxe dunha muiñeira e
dunha xota, ámbolos dous bailes recollidos no municipio de Silvela, pertencente
ao concello de As Nogais, situado no medio das montañas orientais da provincia
de Lugo. Tanto a recollida de estes bailes como a coreografía do baile é do
arquivo etnográfico de A.C.F O Fiadeiro.
O obradoiro terá
un carácter totalmente práctico, centrado en adquirir coñecementos sobre as
particularidades coreográficas e as formas musicais propias deste concello.
Para o desenvolvemento do mesmo os participantes deben ter nocións básicas de
baile tradicional galego.
Lugar do curso:
Colexio Lope de Vega
Prezo non soci@s:
50,00 euros
Prezo Soci@s: 42,00
euros
Prazas limitadas
É necesario ter
nocións básicas de baile
Mestra: Noemí Rodríguez
Para anotarse chamade ó 629 585 355 ou no correo electrónico a ofiadeiro@ofiadeiro.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario