Data:
SÁBADO 12 de Decembro de 11:00 a 13.00
O obradoiro de Baile tradicional aplicado ás artes ecénicas ten como obxectivo formar ao alumnado da propia Escola de O Fiadeiro, que xa ten unha base técnica dentro do baile tradicional naqueles aspectos que teñen que ver coa posta en escena de puntos tradicionais de recollida de diferentes ritmos ou xéneros. Os contidos programados do curso atenden a diferentes aspectos:
- Técnica e postura corporal.
- Interpretación e expresión do feito musical a través do baile.
- A unidade e uniformidade estilística nun colectivo de baile.
- Pautas para a confección dunha coreografía baseada en puntos tradicionais.
- A comunicación xestual entre bailaríns e a interacción co público.
Lugar do curso: Colexio Lope de Vega
Prezo Soci@s: Gratuíto
Prazas limitadas
É necesario ter nocións básicas de baile e ser soci@ de O Fiadeiro
Mestre: Miguel Souto
Para anotarse chamade ó 629 585 355 ou no correo electrónico a ofiadeiro@ofiadeiro.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario