Páginas

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Obradoiro Os bailes de Silvela (5, 6 e 8 de decembro de 2015)


Días do curso:

SÁBADO 5 de Decembro de 16.00 a 20.00
DOMINGO 6 de Decembro de 10.00 a 14.00
MARTES 8 de Decembro de 10.00 a 12.00

O obxectivo principal deste obradoiro será a aprendizaxe dunha muiñeira e dunha xota, ámbolos dous bailes recollidos no municipio de Silvela, pertencente ao concello de As Nogais, situado no medio das montañas orientais da provincia de Lugo. Tanto a recollida de estes bailes como a coreografía do baile é do arquivo etnográfico de A.C.F O Fiadeiro.
O obradoiro terá un carácter totalmente práctico, centrado en adquirir coñecementos sobre as particularidades coreográficas e as formas musicais propias deste concello. Para o desenvolvemento do mesmo os participantes deben ter nocións básicas de baile tradicional galego.

Lugar do curso: Colexio Lope de Vega

Prezo non soci@s: 50,00 euros
Prezo Soci@s: 42,00 euros

Prazas limitadas

É necesario ter nocións básicas de baile

Mestra: Noemí Rodríguez

Para anotarse chamade ó 629 585 355 ou no correo electrónico a ofiadeiro@ofiadeiro.com

jueves, 12 de noviembre de 2015

Obradoiro: A Percusión Miúda


O OBRADOIRO

O obradoiro de percusión miúda ten como obxectivo introducir aos alumnos nestes instrumentos, ás veces esquecidos nas aulas de percusión tradicional.

Os contidos programados están estruturados en tres bloques:

- Organoloxía e os instrumentos de percusion miúda.
- Rudimentos técnicos
- Patróns rítmicos

O obradoiro terá unha orientación principalmente práctica, centrado en adquirir as bases necesarias para poder tocar  con eles e dominar aqueles patróns rímticos estándar máis utilizados na música galega.

Non é imprescindible dispoñer de instrumentos propios e se proporcionará material didáctico ao alumnado.

ANXO PARDO

Estudou percusión na Etrad de Vigo e asistiu a diversos cursos con mestres comon Xaquín Xesteira ou Xosé Lois Romero Cajigal.

Na actualidade forma parte de Orquestra Folk Sondeseu e do grupo Malvela cos que ten gravados diversos discos. Tamén ten colaborado noutras gravacións como “Na flor dos meus anos” (Sra. Carmen), Lulavai, Meniños cantores, “De pano sedán”, “Cantos no camiño” e "Rosalía Pequeniña".

domingo, 4 de octubre de 2015

Autobiografía de Jordi Savall

As primeiras lembranzas musicais de Jordi Savall remóntanse á súa infancia, ao amor da súa nai transmitido nas cancións de berce. Aprendeu a cantar no coro da escola, pero foi ao escoitar o Réquiem de Mozart cando decidiu dedicarse á música. Cos aforros do seu traballo nunha fábrica de tecidos comprou o seu primeiro violoncelo, co que se iniciou de maneira autodidacta. Foi o descubrimento das partituras antigas de M. Marais, F. Couperin, A. Forqueray, etc., o que lle fixo cambiar o violoncelo pola viola da gamba. Xunto coa súa esposa Montserrat Figueras, fallecida no 2011, dedicou a súa carrera profesional a rescatar e actualizar a música antigua, co obxecto de reivindicar a súa modernidade.